Mostrando entradas con la etiqueta Klásicos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Klásicos. Mostrar todas las entradas

jueves

NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como escritor, Marcelino Fernández Mallo ten a capacidade de sorprenderme. Acabo de ler a súa última obra, Pallarega, na que conta con enxeño unha historia verdadeira e próxima, desas que nos deixan con desexos de seguir lendo.

E digo que Marcelino me sorprende como escritor porque as súas obras non repiten estilo ou temas. Klásicos, a súa anterior novela, asombroume non só pola profundidade psicolóxica do personaxe (Horacio) senón tamén polo maxistral ritmo interior da narración.

Marcelino non escribe por diñeiro ou vaidade. Escribe porque lle apetece e quere compartir a súa mensaxe, defender as súas ideas.
E coa súa obra, talvez sen pretendelo, fortalece e engrandece á cultura galega e, con ela, a universal. Xente como el resulta imprescindible nesta terra.